Xoves, 18 de Marzo de 2010
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Mapa da web Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Barreiros Galería fotográfica Imprimir Axuda

Alfonso Fuente y Parga

Como Alcalde de Barreiros, coa ilusión de que disfrutes do noso e convencidos de que a nosa terra é o ben máis preciado que temos, invitamoste a disfrutar do día a día dun concello que soubo respetar o pasado e se prepara para o futuro.

Barreiros mira ó Cantábrico e déixase acariciar por él. É a nosa maior riqueza, en pleno corazón desta costa mariñana donde o visitante pode disfrutar de longas praias abertas ó mar, de areas brancas e con belas formas xeolóxicas. Barreiros, combina o seu potencial residencial coa tarefa de ser un concello que vive da gandeiría, a agricultura e da súa riqueza forestal.

As lendas e a tradición adornan o noso patrimonio. Pisamos un territorio salpicado por castros, pazos e casas de indianos, e somos coñecedores de cales son as nosas obrigas ante tal legado. E por elo, abrímonos ante cantos queiran desfrutar dun paseo polas múltiples rutas do interior, ós amantes dos deportes náuticos e ós peregrinos, que a través do Camiño Norte, cruzan estas terras anhelando chegar a Compostela.

A natureza soubo premiarnos con paraxes únicos e nós queremos demostrarche que somos hospitalarios.

QUE NON CHO CONTEN, ¡VEN!



Alfonso Fuente Y Parga                      

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web