Sábado, 31 de Xullo de 2010
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Mapa da web Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Barreiros Galería fotográfica Imprimir Axuda

A pesar de ser un municipio eminentemente costeiro, Barreiros carece dun porto pesqueiro. Tradicionalmente, a pesca é de cana, tanto no río como na desembocadura do masma ou desde os cantiis, de peixe de roca.

O marisqueo si que se traballou, aínda que sen chegar a considerarse unha actividade económica a ter en conta no conxunto do municipio, gozando hai anos de importancia o berberecho que se daba na ría do Masma e que agora se está tratando de recuperar.

Os restaurantes dispoñen dos mellores peixes e mariscos que se poden atopar pola zona. Outros pratos que contan con notable tradición en Barreiros son as tortillas, nas súas múltiples variedades, ou as Castañas.

As saborosas e zumentas carnes non faltan nunca na carta.

Peixes, carnes e mariscos
Berberechos
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web