Xoves, 11 de Marzo de 2010
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Mapa da web Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Barreiros Galería fotográfica Imprimir Axuda

O nome de Cabarcos parece derivar de Civarcos, pobo nomeado por Plinio e situado entre a desembocadura do Masma e a do Eo.

Na Idade Media segue aparecendo o nome de Cibarcos ou Cabarcos como na confirmación que Ordoño II outorga no 916 á igrexa de León, entre as que figura Sancti Justi de Cabarcos.

O documento máis antigo que fai referencia a Barreiros, é do ano 775 e trátase dunha doazón de terreos do rei Don Silo a varios monxes, a instancias do Abad Esperanta, para que se edificase un mosteiro, do cal non se conservar vestixio algún, aínda que talvez do nome Asperotano, como se coñecía ao mosteiro, derivan algún dos lugares denominados Aspera, nas parroquias de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante

Cara ao ano 1400 Pardo de Cela contaba co foro que o Abad do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá outorgoulle do coto de Santa Cristina de Celeiro.

En 1406 López Díaz de Teijeiro, doou ao Bispo de Mondoñedo a Terrería de Cabarcos. Pedro Pardo de Cabarcos, sobriño do Mariscal Pardo de Cela, vendeu terreos por valor de 2.000 maravedís para axudar aos Reis Católicos na toma de Granada. Natural de Santa Cristina de Celeiro foi Juan de Ben, que destacou pola súa valentía na guerra de Aragón, á beira de Don Juan II.

Durante os séculos XVIII e XIX a historia de Barreiros estivo vinculada á emigración, Cuba, Arxentina e Méjico foron os lugares elixidos polos naturais do termo para mellorar as súas condicións de vida. Algúns deles, chamados popularmente "os americanos" contribuíron ao desenvolvemento cultural, fundación de escolas parroquiais, e ao desenvolvemento urbanístico, construcións indianas.

Finalmente, mencionar que a historia recente de Barreiros camiña parella co desenvolvemento turístico, principal fonte de ingresos de todo o litoral lucense.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web