Varias son as razóns que xustifican por qué Barreiros é un dos principais referenctes turísticos de A Mariña Lucense e, en particular, cunhas expectativas de futuro máis próspero. Unha delas sempre estivo presente, para disfrute dos seus veciños e cada ano máis visitantes: as súas praias. Barreiros é un dos xoncellos galegos con máis bandeiras azuis no seus areais, sete, pero o certo e que con propolo, o Concello podería reclamar con éxito o distintivo comunitario para toda a costa, pois requerimentos sóbranlle.
Unha costa que en verán é frecuentada por miles de visitantes e obxecto de atención permanente, e niso o Concello non escatima esforzos, contando cun equipo de vixiancia e socorrismo integrado por casi trinta persoas, cunha labor e eficacia que mereceu recoñecementos a nivel europeo. A limpeza dos areais, diaria na temporada estival, tamén contribue a facer das praias de Barreiros un espacio extremadamente coidado, que conserva en boa medida toda a súa beleza natural.
O mar aberto fai que a auga sexa limpa durante todo o ano e a branca e fina area de cuncha danlle un carácter particular, practicamente exclusivo, ás praias, nas que pasear convírtese nun auténtico pracer.
Dun extremo a outro da costa, comezando pola ría do Masma, no límite de Foz, e alcanzando As Catedrais, xa en Ribadeo, Barreiros ofrece a posibilidade de difrutar dos seguintes areais, con inmellorables accesos e dotados de tódolos servizos:
Anguieira |
Remior |
Fontela |
Arealonga |
Altar |
Coto |
Lóngara |
San Bartolo |
Balea |
As Pasadas |
Cando se anime a visitar as nosas praias, non deixe de buscar un opérculo de cor pardo-alaranxado procedente das augas abismales, denominado "O Bítere".