Xoves, 11 de Marzo de 2010
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Mapa da web Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Barreiros Galería fotográfica Imprimir Axuda

Varias rutas de sendeirismo transcorren polas montañas achegándonos a lugares ligados a curiosas lendas, polo que son obxecto das habituais visitas de turistas e aldeáns.

Ás fontes curativas de San Estevo do Ermo únese, nas súas inmediacións, unha ladeira onde se cre que se atopa labrada a ferradura de Santiago.

Trátase dunha pedra situada sobre a fonte de ferro, desde a que segundo a lenda saltou o cabalo do Apóstolo cando era perseguido polos seus inimigos, alcanzando a outra ladeira. Tal foi o impulso que a ferradura quedaría marcada na laxa.

Outra curiosa lenda refírese ao monte de Cornería, ata cuxa cume discorre unha ruta de sendeirismo moi recomendable posto que desde o alto pódense apreciar espectaculares vistas do litoral mariñán e cara ao interior, de grandes superficies forestais. Di a tradición que no monte de Cornería atópase escondido o tesouro de Maeloc, un gran diamante azul do líder Bretón que dirixiu á súa xente fuxindo das invasións anglosaxoas. Quen logre descubrir a pedra preciosa terá un enorme botín, xa que se lle atribúen todo tipo de poderes e virtudes.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web