Unha grande labor levada a cabo nos últimos anos dotou a estos areais dos servicios e infraestructuras básicas axeitadas.
Froito desa labor, a comunidade Europea concedeulle bandeiras azuis a varias praias deste
municipio, e que dúbida cabe de que aínda chegarán máis.
A zona dispón de tres campings que en total ofertan máis de 1.500 plazas, ás que haberá que engadir
as casas de turismo rural.
Debido ó auxe turístico que se experimentou dende os anos 60, creáronse verdadeiras urbanizacións
na zona dos areais.
A posibilidade de practicar diversos deportes acuáticos, como o surf, remo, vela, motonáutica, etc, atrae
cada vez a un maior número de turistas que atopan aquí a forma de dar renda solta á súa imaxinación.