Kilómetros de Percorrido:
A) 3,3 km. Concello, Gasolineira, Eiras, Capela S.Estebo
B) 3,1 km. Concello, estrada da insua, Capela S.Estebo
Época ideal: Calquera do ano, sobre todo primaveira e verán.
Dificultade: Primeiro treito baixa (pode facerse a pé ou en bicicleta de montaña); a partir de capela alta (a pé), os menores deben ir acompañados.
Edificios de Interés: Capela do San Estebo. Destacamos a fonte ferruxinosa, a fervenza, fonte de Santa Rosa e muiños en estado ruinoso
Fauna: Corzos, raposos, xabaríns, esquíos, xinetas...; no rego troitas.
Vexetación: Na primeira parte do percorrido pradeiras e terras de cultivo. Na arboreda pineiros e eucaliptos, a partir da capela atopamos a fraga do San Estebo formada por bosque autóctono: carballos, castaños, abeleiras, loureiros, salgueiros, bidueiros...